Asociación Basket Ourense e Club Ourense Baloncesto, co patrocinio de Federación Galega de Baloncesto e Coca-Cola, entre outras entidades, activan o “III Nadal Campus”, a celebrar entre os días 22 e 24 de decembro.
O Pavillón do Pompeo, no Instituto Otero Pedrayo da propia cidade das Burgas, acollerá a todos aqueles xogadores e xogadoras nados entre 2001 e 2009 que opten por formar parte da 3º edición deste Campus e traballar nel aspectos competitivos e técnicos vinculados con momentos de ocio e lecer.
Cunha cota de inscrición valorada en 40 euros (50 € si se engade o xantar), a inscrición para os interesados está habilitada para as primeiras 100 prazas a través do e-mail: abourense@abourense.com. Por esta vía poderase ademais realizar calquera tipo de consulta respecto a actividade.
Os interesados que soliciten a súa participación neste II Nadal Campus farán fronte a unha axenda ben completa, a cal remitimos a continuación.
“III Nadal Campus ABO-COB”
22/12/14
Recepción 09:00 h. Pavillón dos Remedios.
10:00 h – 13:30 h Actividades
13:30 h – 15:30 h Xantar
16:00 h – 19:00 h Actividades Pavillón O Pompeo (IES Otero Pedrayo).
23/12/14
Recepción 09:00 h. Pavillón O Pompeo (IES Otero Pedrayo).
10:00 h – 13:30 h Actividades
13:30 h – 15:30 h Xantar
16:00 h – 19:00 h Actividades
24/12/14
Recepción 09:00 h. Pavillón O Pompeo (IES Otero Pedrayo).
10:00 h – 13:30 h Actividades
13:30 h Acto de Clausura