III Curso de Iniciación Online para Árbitros e Oficiais de Mesa

O Comité Galego de Árbitros abre prazo de inscrición para a terceira convocatoria da temporada da formación online para a iniciación no mundo da arbitraxe.

Programación completa – Cursos “On Line” CGAB 2017 – 2018

Marcado para iniciarse o vindeiro 2 de outubro, e con continuidade os días 3, 4, 5, 6, 9, 10 e 11 dese mesmo mes, a través da plataforma online FGB o Comité Galego de Árbitros proporcionará con este curso a posibilidade de instruirse, en base a unha programación teórico práctica, nos conceptos e tarefas propias de árbitros e oficiais de mesa: regras de xogo, acta, cronómetro e 24 segundos, psicoloxía e coñecemento do xogo ou iniciación á mecánica arbitral, entre outros.

O prazo de inscrición para esta 3º convocatoria da temporada permanecerá aberto ata o vindeiro un de outubro, data ata a cal se poden tramitar os pasos obrigatorios a seguir para completar o proceso:

1. Pago da cota do curso (25 € inscrición xeral. 20 € para federados) na conta ES 27 2100/1455/11/0200136257 (“la Caixa”).

2. Envío de xustificante de pago a cursos.online@fegaba.com especificando datos persoais do alumno.

3. Inscrición, en primeira instancia, na plataforma online FGB e, unha vez validada esta, tramitar a subscrición no “2º Curso de Iniciación de Árbitros e Oficiais de Mesa- 3ª edición Setembro 2017”.

Programación completa – Cursos “On Line” CGAB 2017 – 2018

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram