III Clínic Baloncesto Campus Ourense

Jesús Sala, Salva Maldonado e Jota Cuspinera serán o centro de atención desta terceira convocatoria da actividade que organiza o Servizo de Deportes do Campus Universitario de Ourense.

Chega o III Clínic de Baloncesto Campus Ourense. Por terceira temporada consecutiva, e programado para os vindeiros 4 e 5 de xullo; esta nova oportunidade formativa materialízase con forza para os técnicos galegos.

A celebrar na cidade das Burgas (Pavillón Universitario), a cita deste 2015 contará coa presenza do actual adestrador do Joventut e ex técnico COB, Salva Maldonado; o preparador nesta temporada de Fuenlabrada, Jesús Sala; e Jota Cuspinera, técnico axudante no Laboral Kutxa Baskonia.
Os tres convidados polo Servizo de Deportes do Campus da Universidade de Vigo configuran un cadro de docentes de alto nivel, o cal comprenderá seis sesións teórico prácticas con temáticas ben versátiles:

clinc ourense

De todo este conxunto formativo pode participarse solicitando a inscrición a través do enderezo cliniccampus@hotmail.com. Este trámite estará habilitado ata o próximo dous de xullo.

Validación Formativa FGB
A asistencia completa a esta convocatoria poderá validarse por un total de 10 horas didácticas para os alumnos dos Cursos de adestradores FGB que se atopen inmersos actualmente na súa formación complementaria.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram