Tras os bos resultados colleitados nas primeiras edicións do Clínic de Baloncesto Base do C.B. Santa Baia, o club de Boiro leva a cabo novamente esta actividade. Desta volta, a cita será este sábado, 13 de agosto; no propio Pavillón de Santa Baia contando coa participación dos técnicos Nacho Silva (Seleccionador Galego Infantil Feminino), Fernán Varela (Staff técnico FGB-adestrador Operación Talento FEB) e Rubén Vázquez (Adestrador Axudante C.B. Clavigo-LEB Oro).
Os adestradores tratarán dende as 10 e ata as 14 horas o traballo en bote aplicado ao xogo 2×2 (Nacho Silva) de 10-11.15 hrs., Atacar dende o pase (Rubén Vázquez) de 11.15 a 12.30 hrs e facer colectivo o xogo dende a técnica individual (Fernán Varela)
Inscrición e validación formativa
A inscrición para a actividade e totalmente gratuíta e a través do correo cbstabaia@yahoo.es
O proceso de validación formativa para os alumnos dos Cursos FGB habilítarase tamén nesta ocasión, contabilizando a asistencia a esta especial “Aula Formativa” por un total de 4 HORAS de formación individual complementaria e un CETI.