III Campus “You”: aberto o prazo de inscrición

Chega con forza a 3º edición do Campus “You” organizado polo C.B. Cluny. A entidade santiaguesa ten todo disposto para celebrar entre o dous e o catro de abril o seu xa tradicional e completo campus de Semana Santa.

Dirixido a rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos (mini e premini), esta actividade ofrece a posibilidade de desfrutar en Compostela, da man dun completo grupo de traballo (adestradores titulados, preparadores físicos, médicos, fisios e monitores de tempo libre e ocio) dun total de tres días repletos de baloncesto e diversión.

A celebrar no propio pavillón de Cluny, e co prazo de inscrición aberto ata o vindeiro 26 de marzo, o Campus contará con formación e competición (1×1 e 3×3), concursos de habilidade e xogos complementarios con outros deportes como centro de atención.

Cun prezo inicial de 35 euros para aqueles xogadores e xogadoras que desexen participar (con descontos en función de distintas caracterísitcas, a consultar no tríptico que se achega), mantense aberta a posibilidade de inscrición. Para tramitar a mesma será preciso cubrir o formulario oficial e facelo chegar ao C.B. Cluny antes da indicada data do 26 de marzo.

O total de información, xunto ao formulario oportuno, poden consultarse aquí e, por suposto, na web oficial do C.B. Cluny.

III Campus “You” – Tríptico e Inscrición.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram