II Xornadas de Tecnificación “Escola Baloncesto Galén”

Un ano máis, a Escola de Baloncesto Galén organiza no Nadal as súas II Xornadas de Tecnificación, orientadas a xogadores e xogadoras a partir dos 12 anos, sexan ou non da propia Escola de Baloncesto Galén.

A actividade ponse en marcha co obxectivo de traballar aspectos de técnica e táctica individual para a mellora do xogo colectivo, á vez que se intentará perfeccionar aqueles aspectos concretos que demanden os participantes. 

Todo isto se levará a cabo en dúas quendas, empezando hoxe mesmo coa primeira delas:

Primeira quenda
23/12/13 de 16:00 h a 19:00 h
24/12/13 de 10:30 h a 13:30 h
26/12/13 de 16:00 h a 19:00 h
27/12/13 de 16:00 h a 19:00 h

Segunda quenda
30/12/13 de 16:00 h a 19:00 h
31/12/13 de 10:30 h a 13:30 h
02/01/14 de 16:00 h a 19:00 h
03/01/14 de 16:00 h a 19:00 h

O prezo para participar nun único turno será de 40€, e de 70€ si se participa en ambos.

Toda a información precisa sobre estas “II Xornadas de Tecnificación” poder consultarse no blog oficial da Escola de Baloncesto Galén

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram