II Xornadas de Minibasket: Asociación Xuvenil Sagrado Corazón

A Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, en colaboración con diferentes clubs e colexios de Lugo, organiza este venres,  6 de decembro, unha xornada de formación dedicada a xogadores e xogadoras de minibasket.

A actividade comprende un día enteiro de aprendizaxe e diversión a desenvolver no Pavillón Municipal de Frigsa coa seguinte planificación e horarios:

11:00 h – 13:30h
Presentación e distribución de grupos.
Traballo de situacións técnicas aplicadas ao xogo: dribling, pase, tiro, finalizacións, posicionamientos defensivos, etc.

13:00 h:Visita de xogadores do C.B. Breogán

14:00 h: xantar e xogos de tempo libre.

16:00 h – 19:00 h
Adestramentos de ritmo e técnico-tácticos.
Situacións de xogo 1c1, 2c2 e 3c3.
Competicións.
Tiro, circuítos, two ball, habilidade, etc.

Os adestramentos estarán dirixidos por adestradores titulados, algúns deles adestradores superiores, dos diferentes clubs e centros educativos que participarán nestas xornadas.

A actividade ten un custe de 10 euros, incluíndo a comida e o uso das instalacións. Esta cifra abonarase á chegada ao Pavillón o mesmo día da actividade.

Para inscribirse debe enviarse un e-mail (ajsc_lugo@hotmail.com) ou mensaxe de whatsapp (669 54 40 57) indicando nome e apelidos do participante, club de procedencia, e-mail e teléfono de contacto.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram