II Xornada de Harmonización do Minibasket: Perspectiva metodolóxica da man dos Centros de Tecnificación

O Programa de Tecnificación FGB vivirá esta fin de semana unha convocatoria especial, apelando, de novo, ao ámbito autonómico e incluíndo o seu traballo no marco de actividades da “II Xornada de Harmonización do Minibasket Galego”.

A Tecnificación e as labores de seguimento levadas a cabo de xeito continuado pola Área Deportiva da FGB celebran unha particular cita este domingo, 23 de febreiro, en Ourense (Instalacións do Colexio Salesianos).

Como perfecto punto “metodolóxico” dentro da folla de ruta pola que camiñará a “II Xornada de Harmonización do Minibasket Galego”, están programados tres CETIS de carácter autonómico.

Trátase de tres quendas de adestramentos que agruparán a máis dun centenar de xogadores e xogadoras chegados de toda Galicia e correspondentes aos anos 2003, 2004 e 2005.

Ao cargo dos diferentes grupos permanecerán un total de 17 adestradores, 9 homes e 8 mulleres que pola súa experiencia, cualificación, traxectoria ou mesmo formación máis recente, están plenamente habilitados para transmitirlle aos xogadores máis novos, en plena idade de aprendizaxe, os fundamentos do noso deporte.

Baixo a referencia dun técnico principal na dirección de cada grupo de idade, o cadro de traballo que colaborará coa FGB este domingo será o seguinte:

(10:00 h) CETI 2003 Masculino: Carlos Maceiras (C.B. Blanco Amor), Iria Romero (Pio XII Santiago), Roberto Morentín (COB Ourense).

(10:00 h) CETI 2003 Feminino: José M. Gómez (Mercedarias), Patricia Gómez (C.B.Femenino Sil) e Carlota Briansó (C.B. Cluny).

(11:30 h) CETI 2004 Masculino: Miguel González (COB Ourense), Iannes Vigo (Canteiras Porriño) e Román González (Básquet Coruña).

(11:30 h) CETI 2004 Feminino: Maísa López (C.B. Sarria), Laura Álvarez (C.B. Femenino Ourense) e Alba Tenreiro (C.B. Pontumio).

(13:00 h) CETI 2005 Masculino: Sonny Vázquez (A.D. Bosco Ourense), Adriana González (Valle Inclán) e Denis Pómbar (C.B. Boiro).

(13:00 h) CETI 2005 Feminino: Montse Gilabert (A.D. Cortegada), Gema Souto (Franciscanos Lugo) e Carlota Briansó (C.B. Cluny)

Listas oficiais de Convocados
Nos documentos que se achegan refírense as listas de xogadores e xogadoras citados para participar en cada CETI segundo a súa franxa de idade. Indicar a importancia, á hora de elaborar estes listados, do traballo de captación e base de datos realizado polas Delegacións Zonais, os seus responsables deportivos e os colaboradores directos da FGB. Así mesmo, agradecer a colaboración dos diferentes clubs dos rapaces e rapazas participantes. 

CETI 2003 Masculino e Feminino.
CETI 2004 Masculino e Feminino
CETI 2005 Masculino e Feminino
“II Xornada de Harmonización do Minibasket Galego”: Programa Completo

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram