A “II Xornada de Harmonización do Minibasket Galego” (domingo, 23 de febreiro. Colexio Salesianos. Ourense) ultima na súa víspera todos os detalles estruturais para que as diferentes actividades propostas no seu programa resulten pola vía correcta.
A Área Deportiva da FGB conta para este propósito coa colaboración de diferentes convidados que, sen dúbida, axudarán coa súa experiencia e a calidade dos seus relatos a que todo ofreza un perspectiva plenamente didáctica e da que recoller conclusións.
E, precisamente, son dúas das propostas desta “II xornada de Harmonización do Minibasket Galego” as que destacarán neste ámbito. Estamos a falar da “Charla Coloquio” programada para as 12:00 h, así como da Mesa Redonda de Debate marcada para as 18:00 h.
En ambos casos, e contando coa participación activa dos pais, adestradores e público asistente, a utilidade das intervencións e contidos está asegurada:
Charla Coloquio
12.00 h – 13.30 h
“Charla Coloquio” da man de Rubén Domínguez (psicólogo e adestrador de A.D. Cortegada en Liga Feminina 2), Fernando Romay e Conchi Delgado (na faceta de ex xogadores e pais), Miguel Ángel Pérez Pérez (Director Técnico do Comité Galego de Árbitros e colexiado internacional FIBA) e Leticia Fernández (responsable da Área de Saúde FGB).
Foro – Mesa Redonda
16.30 h -18.00 h
Mesa redonda aberta a todos os técnicos presentes e na que se reflexionará e se porá na palestra a “Situación actual do Minibasket Galego”.
Permaneceremos ben atentos a todas as ideas e achegas que se ofrecerán nestas dúas citas.
“II Xornada de Harmonización do Minibasket Galego”: Programa.