As Preseleccións Galegas en categoría Minibasket serán parte activa da “II Xornada de Harmonización do Minibasket Galego”, a celebrar, lembremos, este domingo 23 no Colexio Salesianos da cidade de Ourense.
Os nosos combinados autonómicos están citados nas instalacións deste Centro Educativo para levar a cabo adestramentos en dobre sesión durante a xornada dominical.
Ambos os grupos minis terán a oportunidade, ademáis, de convivir tanto cos xogadores e xogadoras, como cos adestradores que participen na “II Xornada de Harmonización”, achegando así a dinámica dunha selección aos ollos dos técnicos e xogadores galegos máis novos.
As súas quendas de traballo están programadas entre as 10:00 h e as 14:00 h, en horario de mañá; e as 16:00 h e as 18:30 h en horario de tarde.
Xinzo, paso previo
A cita das Preseleccións Galegas Minibasket coa “Harmonización” virá precedida dunha fase de traballo previa, marcada para o sábado 22. Neste caso, a sede desta convocatoria será a localidade de Xinzo de Limia.
Grazas á colaboración do Concello desta vila, os nosos equipos terán á súa disposición as pistas do Pavillón Municipal, escenario no que dar saída a unha completa fin de semana de baloncesto.
Ás Infantís, en A Estrada
Pola súa banda, as Preseleccións Galegas Infantís terán a súa parcela de protagonismo este domingo 23 a través do seu regreso á localidade de A Estrada, en cuxo Pavillón Manuel Coto Ferreiro exercitaranse aproveitando tamén a mañá e a tarde.
Miguel Ángel Hoyo e Armando Otero Roberes, responsables da configuración dos equipos masculino e feminino, respectivamente, teñen ante si unha nova oportunidade de apuntalar os seus conceptos de xogo.
Preselección Galega Minibasket Masculina: 22 – 23/02/14
Preselección Galega Minibasket Feminina: 22 – 23/02/14
Preselección Galega Infantil Masculina: 23/02/14
Preselección Galega Infantil Feminina: 23/02/14