II Torneo de Baloncesto Concello de A Fonsagrada

Federación Galega de Baloncesto, Comité Galego de Árbitros e Deputación de Lugo suman o seu apoio á segunda edición deste Torneo.

A Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, coa colaboración do Concello de A Fonsagrada, repite por segundo ano consecutivo a organización do “Torneo Concello de A Fonsagrada”, competición amigable que terá lugar os días 7 e 8 de xuño.

Poñendo en xogo as categorías masculinas de infantil, cadete e júnior, a propia vila de A Fonsagrada acollerá a un total de 150 participantes procedentes de equipos galegos e veciños como: Ferrol C.B. C.B. Navia, C.B. Corpi, Mercedarias e os anfitrións de AX Sagrado Corazón.

As escuadras convidadas a participar neste II Torneo desputarán os seus encontros no Pavillón Municipal e no Polideportivo do IES Fontem Albei, repartindo o xogo en horario de mañá e tarde segundo un calendario que se achega xunto a esta información.

O “II Torneo de Baloncesto Concello de A Fonsagrada” ofrecerá tamén actividades de ocio e tempo libre a todos os xogadores e xogadoras presentes, os cales poderán dar conta de divertidos intres de convivencia.

II Torneo de Baloncesto Concello de A Fonsagrada: Calendario

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram