“II TORNEO AUTONÓMICO NBA 2K21”: o Baloncesto Galego dá o salto virtual

O Baloncesto Virtual chega a Galicia de xeito oficial da man do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia e co apoio da Federación Galega de Baloncesto e da tenda deportiva, Tiro Libre. Coa intención de manter conectados a todos os federados neste momento de parón competitivo por mor das restricións oficiais en virtude da situación sanitaria, o club vigués por en marcha a súa II edición do “Torneo Autonómico NBA 2k21”, competición de carácter completamente virtual que xa estreara o pasado mes de marzo durante o confinamento máis estrito .

Nesta segunda edición están representadas as sete Delegacións Zonais da Federación Galega de Baloncesto e fano a través de 31 clubs de toda Galicia entre as categorías infantil e sénior. A novidade respecto á primeira edición, é a incorporación dun representante propio do Comité Galego de Árbitros, que completa os 32 xogadores participantes no Torneo.

A ruta desta segunda edición comeza na noite deste venres, 12 de febreiro, co sorteo dos enfrontamentos que protagonizarán o Torneo, e culminará na xornada do domingo, 14 de febreiro; coa propia celebración dos partidos, podendo seguir ambas citas, nas que non faltarán convidados do ámbito do Baloncesto galego, a través da Canle de Twitch do Seis do Nadal: https://www.twitch.tv/cbseisdonadalcoiavigo/

A competición realizarase con encontros de eliminación directa dende a rolda de dezaseisavos de final ata o duelo decisivo, e nos que cada un dos 31 clubs estará personalizado por un único xogador. O vencedor final recibirá un importante lote de premios gracias a colaboración da tenda deportiva “Tiro Libro scq” e á propia Federación Galega de Baloncesto, que o recoñecerá como campión autonómico.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram