A localidade portuguesa de Anadia celebra este mércores e xoves, 27 e 28 de decembro; o II Torneio Internacional Aveiro x Porto – Sub 16, cita na que participan dous combinados autonómicos FGB do ano 2003, grazas á invitación das asociacións organizadoras: Associaçao de Basquetbol de Aveiro e Associaçao de Basquetbol de Porto.
Xunto ás dúas preseleccións galegas 2003, configuradas para a ocasión, competirán neste evento amigable os equipos, masculinos e femininos, de AB Porto e Ab Aveiro; así como CDU Valladolid en categoría feminina e CM Tormes en masculina.
O calendario do Torneo, que será EMITIDO EN DIRECTO vía ABATV, comprende os seguintes enfrentamentos:
II Torneo Internacional Sub 16 Feminino
Xornada 1 – 27/12/2017 (Pavillón Deportes Anadia)
(17.00 h) CDU Valladolid – AB Porto
(19.00 h) Galicia 2003 – AB Aveiro (68 – 37)
Xornada 2 – 28/12/2017 (Pavillón Deportes Anadia)
(09.30 h) AB Aveiro – CDU Valladolid
(11.00 h) AB Porto – Galicia 2003 (49 – 55)
Xornada 3 – 28/12/2017 (Pavillón Deportes Anadia)
(15.00 h) AB Aveiro – AB Porto
(17.00 h) Galicia 2003 – CDU Valladolid (59 – 53)
II Torneo Internacional Sub 16 Masculino (Pavillón Municipal Anadia)
Xornada 1 – 27/12/2017 (Pavillón Municipal Anadia)
(17.00 h) Galicia 2003 – AB Porto (59 – 61)
(19.00 h) CM Tormes – AB Aveiro
Xornada 2 – 28/12/2017 (Pavillón Municipal Anadia)
(09.30 h) AB Aveiro – Galicia 2003 (73 – 57)
(11.00 h) AB Porto – CM Tormes
Xornada 3 – 28/12/2017 (Pavillón Municipal Anadia)
(15.00 h) AB Aveiro – AB Porto
(17.00 h) CM Tormes – Galicia 2003 (55 – 66)