II Día do Adestrador: Fichas Temáticas para a “Mostra de Tarefas”

O anunciado é debeda. O “II Día do adestrador” vivirá a súa segunda edición o 9 de xuño e con ela chegan as “Tarefas Estrela” novidade xa anunciada AQUÍ e da que hoxe facemos pública a súa ferramenta de presentación: as FICHAS TEMÁTICAS. 

Para participar desta actividade, aberta a todos os adestradores que o desexen, será preciso dispoñer destas fichas oficias, listas para a súa descarga. Deste xeito, os adestradores e adestradoras que desexen presentar as súas propostas poden facelo, desde xa, en torno a cinco posibilidades temáticas (Construción ofensiva, Construción defensiva, Fundamentos técnico- tácticos ofensivos, Spacing- timing- extra pass, Transición ofensiva e Balance defensivo) a presentar nas súas fichas correspondentes, acompañadas de soportes de vídeo, e preparadas para unha duración expositiva de, máximo, un minuto e 30 segundos.

Lembramos que todos os traballos deberán enviarse antes do 30 de maio vía mail á dirección tareas.estrela@fegaba.com. Os valorados como os 20 mellores incorporaranse ao programa do “II Día do Adestrador” proxectándose esa mesma data da man dos seus propios autores e baixo a coordinación de Antonio Pérez Caínzos e Román Gómez, responsables da “Mostra”.

Animádevos a participar! De feito, así vos convida a facelo o Director Técnico, e unha das alma máter deste proxecto, Antonio Pérez: 

D6hCZ9cXoAAIcJf

“Mostra de Tarefas”: Fichas temáticas de Traballo

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram