II Curso de Iniciación Online para Árbitros e Oficiais de Mesa

O Comité Galego de Árbitros abre prazo de inscrición para a segunda convocatoria da temporada da formación online para a iniciación no mundo da arbitraxe.

Marcado para iniciarse o vindeiro 18 de setembro, e con continuidade os días 19, 20, 21, 22, 25, 26 e 27 deste mesmo mes, a través da plataforma online FGB o Comité Galego de Árbitros proporcionará con este curso a posibilidade de instruirse, en base a unha programación teórico práctica, nos conceptos e tarefas propias de árbitros e oficiais de mesa: regras de xogo, acta, cronómetro e 24 segundos, psicoloxía e coñecemento do xogo ou iniciación á mecánica arbitral, entre outros.

O prazo de inscrición para esta 2º convocatoria da temporada permanecerá aberto ata o vindeiro 15 de setembro, data ata a cal se poden tramitar os pasos obrigatorios a seguir para completar o proceso:

1. Pago da cota do curso (25 € inscrición xeral. 20 € para federados) na conta ES 27 2100/1455/11/0200136257 (“la Caixa”).

2. Envío de xustificante de pago a cursos.online@fegaba.com especificando datos persoais do alumno.

3. Inscrición, en primeira instancia, na plataforma online FGB e, unha vez validada esta, tramitar a subscrición no “2º Curso de Iniciación de Árbitros e Oficiais de Mesa- 2ª edición Setembro 2017“.

Programación completa – Cursos “On Line” CGAB 2017 – 2018

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram