II Curso de Iniciación Online para Árbitros e Oficiais de Mesa

O Comité Galego de Árbitros activa neste mes de outubro a segunda convocatoria da temporada 2018 – 2019 orientada á formación online en iniciación para novos árbitros e oficiais de mesa. 

Marcada para celebrarse entre os vindeiros días 8 e 12 deste mes, ambos incluídos; esta oferta formativa materializarase a través dun novo curso con base didáctica na Plataforma Online FGB, ofrecendo no transcurso do mesmo unha programación teórica que afondandará nos conceptos e tarefas propias de árbitros e oficiais de mesa: regras de xogo,acta, cronómetro e 24 segundos, psicoloxía e coñecemento do xogo ou iniciación e mecánica arbitral.

Todas as persoas interesadas en tramitar a súa inscrición e aproveitar esta oportunidade poden facelo desde xa e ata o vindeiro seis de outubro cumprindo os seguintes pasos:

1. Pago da cota do curso (25 € inscrición xeral. 20 € para federados) na conta ES 27 2100/1455/11/0200136257 (“Caixabank”).

2. Envío de xustificante de pago a cursos.online@fegaba.com especificando datos persoais do alumno.

3. Tramitar rexistro de alta na “Plataforma online FGB” e, posteriormente, unha vez validada esta; solicitar a subscrición no curso correspondente: “2º Curso de Iniciación de Árbitros e Oficiais de Mesa 2018 – 2019”

A dirección cursos.online@fegaba.com permanecerá activa para solucionar dúbidas ou problemas ao respecto deste proceso.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram