II Clinic “Desmontando ao Adestrador Axudante”

Rio Natura Monbus e Federación Galega de Baloncesto continúan apostando polo II Clinic “Desmontando ao Adestrador Axudante”, que se celebrará os días 18 e 19 de xullo no Complexo Polideportivo A Cachada, en Boiro.

Repiten experiencia tras o éxito de participación na súa primeira edición, na que máis de 140 asistentes gozaron dos relatorios onde se trataron diferentes aspectos específicos para o traballo de adestrador axudante nun ambiente moi distendido.

Colaboran tamén nesta segunda edición: o Departamento de Deportes Concello de Boiro, Club Náutico Boiro – Mariña Cabo de Cruz, Papelería Xiz, Joyería Jael, Cega Audiovisuales, Deputación da Coruña, Deporte Galego e Xunta de Galicia.

O cartel desta actividade, nesta súa segunda edición, estará composto polos seguintes adestradores participantes:

Antonio Pérez (adestrador axudante C.B.Valladolid)

Diego Ocampo (adestrador axudante Cajasol)

Agusti Julbe (ex adestrador axudante F.C.Barcelona)

Jesús Ramirez (adestrador axudante Ratiopharm ULM)

Federico Fucá (adestrador axudante Virtus Roma)

Jordi Fernández (axudante Cleveland Cavaliers)

Juancho Armental (psicólogo deportivo)

A temática de cada charla, así como os seus datos de referencia exactos son os seguintes:

Antonio Pérez, 18/07/14 de 17:00 h a 18:30 h
“Preparar para competir”.

Diego Ocampo, 19/07/14 de 12:00 h a 13:30 h
“Proposta de traballo de mellora individual”.

Agusti Julbe, 18/07/14 de 19:00 h a 20:30 h
“Traballo sobre pick and roll segundo o scouting”.

Jesús Ramirez, 19/07/14 de 17:00 h a 18:30 h
“Técnica individual con xogadores exteriores”.

Federico Fucá, 19/07/14 de 10:00 h a 11:30 h
“Criterios para a selección da defensa do pick and roll”.

Jordi Fernández, 19/07/14 de 19:00 h a 20:30 h
“Tecnoloxía para analizar partidos e rivais/metodoloxía e organización de datos”.

Juancho Armental
“Que espera un Adestrador Xefe do seu Axudante”.

Inscrición e Validacións

A inscrición neste “II Clinic “Desmontando ao Adestrador Axudante” pode realizarse por tres vías: Presencial na sede do club santiagués, mediante formulario de correo electrónico ou ben na Miudiño Store (Área Central).

O Prazo para a posta en marcha da mesa esténdese do 9 de abril ao 1 de xullo (ou ata completar o número de prazas dispoñibles).
Para inscribirse debes encher os datos do formulario e ingresar a cota seleccionada no nº de conta: Novagalicia Banco 2080-0375-13-3040015108. Posteriormente, envía unha fotocopia do xustificante bancario xunto co formulario ao seguinte e-mail: clinic@obradoirocab.com

IMPORTANTE: indicarase como concepto: “Clinic Obradoiro nome do interesado”

PREZOS:
Xeneral: 30 euros.
Abonados, accionistas e membros do Club de Empresas Obradoiro: 20 euros.
Adestradores Federación Galega de Baloncesto: 20 euros.

OFERTA ESPECIAL
Clubs/colexios con cada 4 inscricións, 1 gratis.

Coa inscrición no II Clinic “Desmontando ao Adestrador Axudante” obterás unha entrada de agasallo para o partido de presentación do Rio Natura Monbus tempada 2014/2015 no Multiusos Fontes do Sar.

Así mesmo, a participación no mesmo poderá validarse por HORAS DE FORMACIÓN para os alumnos dos Cursos de Iniciación, Nivel 1 e Nivel 2 da Federación Galega de Baloncesto.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram