II Clínic de Formación Continua – CD Calasanz

CD Calasanz presenta o seu “II Clínic de Formación Continua”.

A actividade, marcada para celebrarse o próximo 22 de xuño, contará con dous protagonistas de referencia: Nicolás Sánchez e Manu Santos.

Nicolás Sánchez é un apaixoado da formación de novos talentos. Ten experiencia en categorías base e ligas FEB en varios clubs da Comunidade Valenciana: Valencia Basket, CB Benidorm, CB Paterna.

Manu Santos está tamén completamente vencellado á formación de novos valores. Con experiencia en ligas FEB, destaca a súa experiencia en Cambados en LEB Prata e en categorías de Base en Vilagarcía. Suma ademais a súa experiencia en psicoloxía deportiva.

Ambos enfocarán unha sesión práctica desde a metodoloxía do adestramento con moitos matices cara ao practicante.

O “II Clinic de Formación Continua” contará tamén coa presenza na mesa redonda de Fernando Buendía (Maristas Coruña LF2), técnico coruñés que vén de vivir unha tempada espectacular cun xogo moi alegre. Fernando ten tamén moita experiencia na base, destacando o seu paso por Básquet Coruña.

Inscrición

Os clubs poderán inscribir a 3 adestradores polo prezo de 2. O proceso de inscrición consistirá en realizar un ingreso de 30€ e cada un dos 3 adestradores anexar o mesmo resgardo de ingreso ao final do formulario de inscrición.

Validación Horaria

A asistencia, de xeito íntegro, a este “II Clinic de Formación Continua” poderá validarse por un total de 10 horas de formación continua para os alumnos e alumnas da Escola Galega de Adestradores (EGA). 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram