“II Clínic de Baloncesto Campus Ourense”

Servizo Universitario Campus Ourense aposta forte na segunda edición do seu “Clinic de Baloncesto Campus Ourense”. A celebrar os vindeiros 28 e 29 de xuño na propia cidade das Burgas, esta cita reunirá a catro destacados profesionais do Baloncesto actual que agardan compartir debate e reflexión cos adestradores galegos.

Diego Ocampo, adestrador axudante no Cajasol ACB e Ex Seleccionador sub 16; Jota Cuspinera, adestrador axudante no Real Madrid e Seleccionador Sub 18; Mariano Arasa, ex axudante Fuenlabrada ACB e Adestrador en Estudiantes EBA; e Tico Gonzalo, adestrador Superior e director de Vuestrobasket.com conforman o cartel deste “II Clínic de Baloncesto Campus Ourense”.

Os catro porán sobre a mesa cuestións como, entre outras: o traballo con xogadores interiores, a construción dunha defensa presionante, as situacións tácticas de 2c2 exteriores ou as motivacións para ser adestrador. Todo presentarase coa intención de proporcionar un novo chanzo de aprendizaxe aos técnicos da zona de Ourense que desexen participar, así como aos do resto do territorio galego.

As charlas e ponencias propostas levaranse a cabo no Polideportivo Universitario Campus Ourense, ocupando a xornada completa do sábado 28 (de 10:00 h a 20:00 h) e a mañá do domingo 29 (de 10:30 h a 13:30 h)

Inscrición
Os interesados en tomar parte no Clínic deben remitir cuberto o formulario oficial e ingresar a cota de inscrición (20 euros) na conta de Novagalicia Banco reflectida no mesmo (ES07 2080 5153 1630 00026977). Posteriormente, será preciso enviar unha copia do xustificante, xunto con citado formulario, a: cliniccampus@hotmail.com. O prazo establecido para levar a cabo este requisito remata o vindeiro 26 de xuño.

Validación formativa
A Asistencia completa a este “II Clínic de Baloncesto Campus Ourense” poderá validarse a través desta propia Federación Galega de Baloncesto por un total de 12 horas de formación para os alumnos dos Cursos de Adestrador de Iniciación, Nivel 1 e Nivel 2.

“II Clínic de Baloncesto Campus Ourense”: formulario oficial

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram