O mes de xullo trae consigo unha ampla oferta formativa para os adestradores galegos, propostas didácticas ás que se suma o “II Clínic Basket Ribadulla”.
Organizado polo propio club Basket Ribadulla, e coa colaboración de Federación Galega e Concello de Vedra, entre outras institucións; esta actividade, que se celebrará o vindeiro 30 de xullo, presentará a intervención do técnico galego Moncho Fernández.
O líder do banquiño do Río Natura Monbus Obradoiro compartirá cos participantes neste II Clínic Basket Ribadulla a súa percepción en torno aos “ataques universais contra zona”, e farao no Pavillón Municipal de Vedra (11:00 h).
Os interesados en compartir in situ a experiencia teórica do técnico santiagués nesta segunda edición do clínic poderán facelo baixo inscrición previa para a que será preciso o abono dunha cota de inscrición (10 euros – ES24 2100 2954 75 0200205568), detallar os datos persoais e presentar xustificante bancario vía mail (jantonio.souto@hotmail.com)
Validación horaria
A Área Deportiva FGB inclúe este “II Clínic Basket Ribadulla” dentro das actividades aptas para a validación horaria no ámbito da formación complementaria dos alumnos dos cursos FGB. Neste caso, os participantes neste clínic que ostenten na actualidade a categoría de alumnos FGB poderán computar a súa presenza no mesmo por un total de 6 HORAS.