(Info: C.B. Cambre) O vindeiro 12 de xullo, Ricard Casas e Antonio Pérez serán os ponentes do “II Clínic Baloncesto Cambre”, que nesta edición centrarase no traballo desenvolvido por ambos técnicos no CB Valladolid (Liga Endesa – ACB) durante a tempada 2013-2014.
Ricard e Antonio amosarán as liñas mestras da súa metodoloxía de adestramento durante este curso, no referido tanto á creación do xogo colectivo, como ao desenvolvemento da técnica individual ou ao traballo de scouting, todo iso encadrado nun contexto de resolución de problemas ante os diferentes hándicaps cos que encontaron, con todo o que isto significa en relación á planificación prevista.
Ricard Casas Gurt (Manresa, 1962), é un adestrador de recoñecido prestixio tanto dentro como fóra das nosas fronteiras. Ademais da súa recente experiencia en Valladolid, o técnico catalán afincado en Menorca dirixiu a numerosos equipos ACB (Pamesa Valencia, Vive Menorca, Ricoh Manresa), así como equipos LEB, con éxitos notables.
En Seleccións, Casas conta cunha medalla de Prata como adestrador xefe da Selección U20 en Vilnius (2002), e con experiencia en diferentes categorías. Foi axudante de Sergio Scariolo na Selección Absoluta no Europeo 2011, no que España se alzou coa medalla de Ouro.
Antonio Pérez Cainzos (Ferrol, 1974), é un técnico que conta cunha dilatada experiencia en categorías LEB (Prata e Bronce) e en Seleccións inferiores (U20, U19, U18, U16), sendo esta que acaba de concluír a súa primeira incursión en ACB, como axudante de Casas.
O preparador galego é especialista no desenvolvemento técnico-táctico de xogadores, e conta cunha destacada preparación no terreo da Psicología Deportiva.
Temática e Programa
O “II Clínic Baloncesto Cambre” dividirase en bloques definidos, nas que se tocarán diferentes aspectos básicos e fundamentais no traballo diario realizado por Casas e Pérez durante a campaña que acaba de concluír.
O programa previsto é o seguinte:
09:45 h -11.45 h: Construción ofensiva: metodoloxía de traballo na construción do xogo de ataque. Do global ao específico.
12:00 h -14:00 h: Construción defensiva: metodoloxía de traballo na construción da defensa. Do global ao específico.
16:45 h -18:45 h: Desenvolvemento individual con xogadores: metodoloxía de traballo, esixencias e necesidades. Técnica individual defensiva e ofensiva.
19:00 h -20:30 h: O día de día dun equipo profesional, o factor motivacional: hándicaps, resolución de problemas e xestión de grupo.
Validación Formativa
Como un alicente máis deste “II Clínic Baloncesto Cambre”, indicar que a asitencia aos mesmo poderase validar por un total de 9 HORAS de formación para os alumnos dos Cursos de Iniciación, Nivel 1 e Nivel 2 da Federación Galega de Baloncesto.
Prezo Inscrición
O Clínic, que se realizará íntegramente no Pabellón Municipal Sofía Toro grazas á colaboración do Concello de Cambre, terá un custo para os asistentes de 20 euros. No caso de asistir cinco técnicos do mesmo club, unha das cotas será de balde.
Máis información en: http://clubbaloncestocambre.blogspot.com.es/