II Clinic Baloncesto Base – C.B. Santa Baia

Tras os bos resultados colleitados na primeira edición do Clínic de Baloncesto Base do C.B. Santa Baia, o club de Boiro repite experiencia. Desta volta, a cita será este venres, 12 de xuño; no propio Pavillón de Santa Baia contando coa participación dos técnicos galegos e membros do Claustro Docente FGBYago Casal e César Iglesias.

Os dous adestradores desmontarán os aspectos básicos de ataque e defensa encadrando, ademais, as súas dúas intervencións no marco da “Aula Formativa do Adestrador Galego”, o proxecto didáctico FGB xa ben coñecido para todos os técnicos galegos.

O horario completo que contempla este “II Clínic Baloncesto Base” estenderase desde as 18:30 h ata as 21:45 h, comezando a sesión Yago Casal, en primeira instancia.

Inscrición e validación formativa

A inscrición para a actividade poderase realizar ata as 22:00 h deste xoves, 11 de xuño; de forma totalmente gratuíta e a través do correo cbstabaia@yahoo.es

O proceso de validación formativa para os alumnos dos Cursos FGB habilítarase tamén nesta ocasión, contabilizando a asistencia a esta especial “Aula Formativa” por un total de 6 HORAS de formación individual complementaria.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram