II Campus Tecnificación “Baloncesto Cambre – Antonio Pérez Cainzos”

Desde o 8 ao 11 de xullo de 2014, terá lugar o II Campus Tecnificación “Baloncesto Cambre – Antonio Pérez Cainzos”, no Pabellón Municipal Sofía Touro de Cambre.

Durante estes catro días, realizaranse 8 sesións de traballo con grupos reducidos, centradas en mellóraa técnico-táctica do xogador. As sete primeiras estarán dirixidas por Antonio Pérez Cainzos, adestrador axudante do CB Valladolid (ACB), e a oitava por Ricard Casas, adestrador xefe do CB Valladolid (ACB).

O II Campus Tecnificación está enfocado para xogadores e xogadoras nados entre os anos 1994 e 2001. O Número de prazas é limitado, co obxectivo de formar grupos reducidos de traballo. As sesións realizaranse pola mañá e pola tarde, en horario por confirmar.

A cota de inscrición está valorada en 48 euros para xogadores do Club Baloncesto Cambre, e de 60 euros para xogadores externos ao Club, dando dereito a asistir ás oito sesións de traballo.

A estas mesmas sesións poderán asistir aqueles adestradores que desexen, en calidade de observadores, seguir o traballo proposto, e interactuar tanto con Antonio Pérez como con Ricard Casas tras cada un dos adestramentos. Á súa vez, esta presenza no Campus poderá validarse pola asistencia a un CETI para todos aqueles alumnos dos Cursos de Adestradores da FGB. 

A cota de asistencia para os técnicos será de 15 euros, aínda que haberá prezo especial para aqueles adestradores que se anoten ao Clínic, que se celebrará o sábado 12 de xullo.

Para tramitar a participación no II Campus Tecnificación “Baloncesto Cambre – Antonio Pérez Cainzos” a organización ofrecen dúas vías de contacto:

clubbaloncestocambre@hotmail.com

615 294 585 – 627 836 118

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram