II Campus de Tiro Entroido 2013 – Estudiantes Lugo

Os vindeiros días 3 e 5 de marzo, coincidindo co Entroido, o Club Estudiantes Lugo levará a cabo a Segunda Edición do seu “Campus de Tiro”, programado nas instalacións do Pazo Provincial dos Deportes de Lugo. Trátase dunha actividade monográfica encamiñada á mellora do Tiro a Canastra. 

O horario de adestramento será dende as 10:00 h ata as 14:00 horas, e o custo de dita actividade será de 35€ para todos aqueles xogadores con licencia na FGB. A idade mínima para poder participar queda fixada nos oito anos, establecendo os dezasete como idade máxima.
 
Para os xogadores do Club Estudiantes Lugo, Escolas Provinciais, Escolas de Baloncesto de Becerreá, Escolas Municipais de Vilafranca , Escolas Municipais de Camponaraya, así como para os participantes nas escolas xestionadas pola empresa Bandua o custo da actividade será de tan so 30€.
 
Ao longo dos dous días realizarase un seguemento individualizado e un estudo personalizado de cada un dos participantes. Ao remate do mesmo, enviaráselles vía mail un pequeno vídeo onde ollar a súa mecánica, así como un informe coas correcións recomendadas.
 
A presenza de xogadores do CB Breogán compartindo cos rapaces a súa experiencia e segredos á hora de adestrar o tiro e o proceso de selección que realizan deste no xogo será parte importante do atractivo deste “II Campus de Tiro”.
 
Inscrición
O “II Campus de Tiro” conta con 40 prazas limitadas que serán asignadas por orde de inscrición. O proceso de solicitude de matrícula pode realizarse a través do formulario oficial que se achega ou reservando praza mediante formulario on line.
 
 
 

II Campus de Tiro Entroido 2013 – Estudiantes Lugo : formulario inscrición

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram