II Campus de Baloncesto Base ABO Park

Asociación Basket Ourense pon en marcha a II edición do seu “Campus de Baloncesto Base ABO Park”, establecido no calendario para os vindeiros días 26, 27 e 28 de decembro (horario de mañana de 10:00 a 13:30 e de tarde de 16:30 a 18:45) e a celebrarse no Pavillón dos Remedios, na propia cidade das Burgas.

Dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2000 e 2008, nesta segunda edición do Campus traballaranse múltiples aspectos técnicos, compaxinando estes con competicións individuais e en grupo. Diferentes talleres formativos e de lecer, marcados por un gran espírito de convivencia serán clave. Non faltarán tampouco os obsequios para todos os participantes.

A información completa relativa a este “II Campus de Baloncesto Base ABO PARK”, así como os datos para a inscrición, poden consultarse nos documentos que se achegan.

II Campus de Baloncesto Base ABO Park – Información 1
II Campus de Baloncesto Base ABO PARK – Información 2

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram