II Campus de Baloncesto Base ABO Camp

O ABO pon en marcha a II edición da seu Campus ABO, marcado no calendario para os próximos días 25, 26 e 27 de marzo e a celebrar no ourensano Pavillón Municipal dos Remedios.

Orientado a nenos e nenas nacidos entre os anos 2001 e 2006, ambos inclusive, nel traballaranse diferentes aspectos técnicos acordes á idade de cada xogador, compaxinando esta faceta con competicións individuais (1×1, 3×3, two ball, etc) e en conxunto. Variados talleres lúdicos (inglés, manualidades, etc), así como un importante carácter de convivencia serán tamén protagonistas. Ademáis, non faltarán detalles para todos os participantes.

Inscrición
ABO ofrece diferentes vías ás que optar se se desexa participar neste II Campus de Baloncesto Base ABO. Así, os interesados poderán elixir entre: 40€ a matrícula simple, 50€ a matrícula e manutención ou 70 € matrícula, manutención e transporte. Desde o club facilitarase tamén a posibilidade de que os xogadores e xogadoras se apunten en grupo, cunha oferta de 4×3.

A información completa relativa a este II Campus, así como aqueles datos que o definen poden consultarse nos documentos que se achegan.

II Campus de Baloncesto Base ABO Camp – Información 1
II Campus de Baloncesto Base ABO Camp – Información 2

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram