Os pasados días 31 de maio e 1 de xuño, aproveitando a celebración do “I Torneo de Baloncesto Concello de Fonsagrada”, máis de 20 membros do Comité Lucense levaron a cabo a I Xornada Técnicas e de Convivencia deste Colectivo.
A actividade consistiu en dous intensos días de partidos de categorías infantil e junior, compaxinados con varias Charlas Técnicas dirixidas a árbitros e oficiais que foron impartidas por un grupo de colaboradores da Coordinación Técnica comandados por Cristian Martín e baixo a supervisión do coordinador zonal. A primeira sesión teórica foi a impartida por Antón Rodríguez na cal, durante preto dunha hora, se achegou aos asistentes á “Mecánica Arbitral”.
Outras actividades de interese foron a charla impartida por Cristian Martín sobre “Criterio e control de partido” e o resumo da temporada que levaron a cabo os oficias de mesa da man de Lucía Díaz. Todas estas actividades serviron como plataforma na busca de melloras tanto prácticas como teóricas.
Esta “I Xornada Técnica e de Convivencia” completouse con informes en pista tanto a árbitros como oficiais de mesa, así como coa gravación de cada encontro para a súa posterior análise. Grazas a este completo programa, o conxunto de colexiados presentes en A Fonsagrada gozou dun par de xornadas de gran ambiente baloncestístico, actividades formativas e os sempre necesarios intres de convivencia.
Unha experiencia satisfactoria pois esta I Xornada na que, ademais, a organización do Torneo agasallou ao Comité Lucense de Árbitros cun trofeo en recoñecemento á súa participación e implicación. Igualmente, o Comité, en resposta, amosou o seu agradecemento aos responsables do torneo por todas as facilidades e o bo trato recibido