“II Xornada de Harmonización do Minibasket Galego”: Programa Completo e Proceso de Inscrición

A “II Xornada de Harmonización do Minibasket Galego” dá a coñecer o seu programa horario completo, a levar a cabo este domingo, 23 de febreiro, no Colexio Salesianos en Ourense.

Este plan de traballo permanece aberto a tres tipos diferentes de inscrición por parte daqueles adestradores interesados: media xornada, xornada completa ou asistencia, en exclusiva, á “Aula Formativa do Adestrador Galego”.

Despregando o traballo entre as diferentes facetas que contemplan o Minibasket na nosa Comunidade: didáctica, competitiva, educacional e metodolóxica; esta “II Xornada de Harmonización” presenta o seguinte plan horario e oferta formativa:

Adestramentos de tecnificación
10.00 h CETI captación nados 2003 masculino e feminino
11.30 h CETI captación nados 2004 masculino e feminino
13.00 h CETI captación nados 2005 masculino e feminino

Adestramentos Preseleccións Galegas Minibasket
10:00 h -14.00 h
16:00 h – 18:30 h 

Charla Coloquio
12.00 h – 13.30 h
Charla Coloquio: Rubén Domínguez (psicólogo e adestrador de A.D. Cortegada en Liga Feminina 2), Fernando Romay e Conchi Delgado (na faceta de ex xogadores e pais), Miguel Ángel Pérez (Director Técnico do CGAB e árbitro internacional FIBA) e Leticia Fernández (responsable da Área de Saúde FGB).

Foro – Mesa Redonda
16.30 h -18.00 h
“Situación actual do Minibasket Galego”

“Aula Formativa do Adestrador Galego”
18.00 h -19.30 h
Gonzalo Rodríguez Palmeiro: “O Tiro: Ampliar e Rentabilizar Espacios”

PROCESO DE INSCRICIÓN

Todos aqueles adestradores que desexen asistir á “I Xornada de Harmonización do Minibasket Galego” teñen tres vías, que a continuación especificamos, para poder facelo.

Indicar que o vindeiro venres, ás 20:00 h, rematará o tempo establecido pola Área Depoertiva FGB para poder solicitar a participación neste evento.

Asistencia, en exclusiva, a “Aula Formativa do Adestrador Galego” (18.00 h – 19.30 h)

A inscrición tramitarase a través do correo adestradores@fegaba.com, indicando nome e apelidos e o título da charla: “O Tiro: ampliar e Rentabilizar Espacios”

Esta opción é totalmente gratuíta e poderá validarse por DÚAS HORAS de formación continua para os alumnos dos Cursos de Iniciación, Nivel 1 e Nivel 2 da FGB.

Asistencia, de xeito completo, a “II Xornada de Harmonización do Minibasket Galego” (10.00 h – 20.00 h)

Os interesados en vivir ao completo a “II Xornada de Harmonización do Minibasket Galego”, deben solicitar a súa participación a través do correo adestradores@fegaba.com, indicando nome e apelidos e título da xornada: “II Xornada de Harmonización do Minibasket Galego”.

Esta opción poderá validarse por DOCE HORAS de formación continua para os alumnos dos Cursos de Iniciación, Nivel 1 e Nivel 2 da FGB.

Asistencia a media xornada da “II Xornada de Harmonización do Minibasket Galego”

Os interesados en tomar parte da Xornada tan só en horario de mañá, ou en horario de tarde, deben tramitar a súa participación a través do correo adestradores@fegaba.com, indicando, neste caso, nome e apelidos e referenciando a franxa horaria na que estarán presentes.

Esta opción poderá validarse por CINCO HORAS de formación continua para os alumnos dos Cursos de Iniciación, Nivel 1 e Nivel 2 da FGB.

“II Xornada de Harmonización”: Programa

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram