“I Xornada Harmonización do Minibasket Galego”: Proceso de Inscrición

Todos aqueles adestradores que desexen asistir á “I Xornada de Harmonización do Minibasket Galego” teñen tres vías, que a continuación especificamos, para poder facelo:

Asistencia, en exclusiva, a “Aula Formativa: un contra un en Minibasket”
(18.30 h – 20.00 h. Colexio Manuel Peleteiro)

A participación tramitarase a través do correo adestradores@fegaba.com, indicando nome e apelidos e título da charla.

Esta opción é totalmente gratuíta e poderá validarse por tres horas de formación continua.

Asistencia, de xeito completo, a “I Xornada de Harmonización do Minibasket Galego”
(10.00 h – 20.00 h. Colexio Manuel Peleteiro) 

Os interesados en vivir ao completo a “Xornada de Harmonización”, coa aula formativa inclusive, deben tramitar a súa participación a través do correo adestradores@fegaba.com, indicando nome e apelidos e título da xornada.

Neste caso, a FGB e Colexio Manuel Peleteiro ofrecen a posibilidade de xantar nas mesmas instalacións nas que terá lugar a actividade. O prezo desta posibilidade é de 8 euros, a ingresar, de xeito previo, na conta de “la Caixa” 2100 1455 14-0200227406. O xustificante de ingreso deberá constar xunto a solicitude de inscrición vía mail.

Esta opción poderá validarse por 12 horas de formación continua

Asistencia parcial á “I Xornada de Harmonización do Minibasket Galego”

Os interesados en tomar parte da Xornada tan só en horario de mañá, ou en horario de tarde, deben tramitar a súa participación a través do correo adestradores@fegaba.com, indicando, neste caso, nome e apelidos e referenciando a franxa horaria na que estarán presentes.

Esta opción poderá validarse por cinco horas de formación continua.

“I Xornada de Harmonización do Minibasket Galego” – Programa Completo

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram