“I Xornada de Harmonización do Minibasket Galego”

A Federación Galega de Baloncesto presenta a súa “I Xornada de Harmonización do Minibasket Galego”, un novo xeito de fomentar, entre todos, un modelo xenuíno de traballo para a categoría minibasket.

Unindo aos diferentes actores que día a día traballan cos xogadores e xogadoras máis novos da nosa Comunidade, a Área deportiva FGB promove e organiza a “I Xornada de Harmonización do Minibasket Galego”. Marcada no calendario para o vindeiro 17 de marzo, esta cita especial moverá os seus focos entre as múltiples facetas nas que habita o Minibasket Autonómico.

A través desta iniciativa, as instalacións do Colexio Manuel Peleteiro, en Santiago de Compostela, converteranse durante todo un día no epicentro desta modalidade deportiva, que será revisada dende diferentes perspectivas co obxectivo de afondar na súa “harmonización”.

O Adestramento, a Metodoloxía, a Formación e as cuestións psicolóxicas serán os vértices desde os que adentrarse na súa análise, e por suposto, darán pé ao sempre enriquecedor debate.

Programa e Estructura
Na primeira semana de marzo comunicaremos, polo miúdo, todos os detalles teóricos e prácticos desta Xornada e da participación na mesma. Ata ese momento, pode consultarse xa o seu PROGRAMA GLOBAL, que chega ben completo e ao que agardamos permanezades ben atentos.

“I Xornada de Harmonización do Minibasket Galego” – Programa

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram