I Torneo Villa de Salceda

C.B. Baloncesto Caselas pon en marcha esta competición de carácter amigable e centrada na categoría infantil feminina.

C.B. Caselas, coa colaboración do Concello de Salceda de Caselas, as Escolas Deportivas Municipais e a Federación Galega de Baloncesto, organiza este sábado, 7 de xuño; o I Torneo Villa de Salceda Baloncesto Infantil Feminino, unha oportunidade máis de afianzar o noso deporte na zona.

EDM.Porriño B.B.”B”, C.B.Baiona “B” e o anfitrión, C.B.Caselas; serán os actores principais desta cita, da que se agarda que conxugue baloncesto e convivencia baixo o seguinte calendario:

(16:30 h) CASELAS – PORRIÑO “B”

(18:00 h) BAIONA “B” – PORRIÑO “B”

(19:30 h) CASELAS – BAIONA “B”

Ao remate dos tres encontros, e coa intención de agradecer a participación de todos, tanto adestradores como xogadores recibirán un pequeno agasallo en nome da organización.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram