I Torneo Nadal Celeste: Xornada Solidaria de Recollida de Xoguetes

Real Club Celta Baloncesto, en colaboración con Aldeas Infantiles SOS Galicia e Federación Galega de Baloncesto, activa o “I Torneo Nadal Celeste”, cita deportiva cun obxectivo eminentemente solidario.

Este sábado, 21 de decembro; no Polideportivo de Navia, os equipos máis novos de C.B. Tui, Salesianos, Novobasket, PequeCelta, Apóstol, García Barbón e Celta Baby tomarán parte de diferentes encontros amigables, nos que se dividirán en dúas especiais categorías para a ocasión: PITUFOS, que competirán entre as 11:00 h e as 12.00 h, e as BABYS que saltarán a pista a partir das 12.00 h.

Todos os conmbinados darán vida a unha xornada de carácter benéfico na que se levará a cabo unha Recollida de Xoguetes, fomentando que todos os asistentes entreguen un xoguete, facendo así felices neste Nadal a moitos nenos e nenas de Aldeas Infantiles SOS Galicia.

Esta colaboración entre Real Club Celta e Aldeas Infantiles SOS Galicia permitirá ademais que cada persoa que ceda un xoguete reciba de agasallo dúas entradas para o partido de Liga Feminina 2 Celta Selmark- Universidade de Valladolid, a disputar ese mesmo sábado 21 ás 18.30 h.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram