I Torneo “LUGO É BASKET”

A Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo e da Federación Galega de Baloncesto, estrea o I Torneo LUGO É BASKET, cita na que se enfrontarán catro equipos da liga Adecco Oro en formato cuadrangular.

Os equipos presentes na cidade da Muralla serán o local CB Breogán, Leyma Basquet Coruña, Club Ourense Baloncesto e o CB Valladolid. Os catro disputarán os encontros de semifinais o día 20 de Setembro, e o terceiro e cuarto posto, máis a correspondente final, o día 21; todo na pista do Pazo dos Deportes.
 
O cadro de enfrontamentos ofrecerá a seguinte orde:
 
20/09/14
(18:00 h) Leyma Basquet Coruña – CB Valladolid
(20:30 h) CB Breogán – COB Ourense
 
21/09/14
17:00 – 3º e 4º posto
19:30 – Final
 
Acceso ao Torneo
Os afeccionados que desexen desfrutar do I Torneo LUGO É BASKET poderá facelo adquirin as súas entradas a un prezo de 5 € para cada partido, tendo a posibilidade de mercar un bono para os catro partidos, con un custo de 10 € para menores de 18 anos, e 15 € para maiores. 
Os tíckets xa se poden adquirir no local comercial “Élide”, na propia cidade de Lugo  (Ronda de Xosé Castiñeira,15).
 
Como atractivo, indicar que todos os que merquen o bono para os catro partidos entrarán no sorteo de dúas prendas deportivas asinadas polos xogadores do Ribeira Sacra Breogán.
 
Os minis galegos, convidados
A organización do Torneo convida a todos os xogadores e xogadoras de minibasket galegos a achegarse, completamente de balde, a  asistir a calquera dos partidos do torneo. Simplemente deberán solcitalo previamente vía mail: ajsc_lugo@hotmail.com
 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram