I Torneo de Minibasket “Concello de Teo”

O CD Galogrin estrea competición neste mes de abril. O clube adscrito á Delegación santiaguesa da FGB organiza o vindeiro día 9 o seu I Torneo de Minibasket “Concello de Teo”, cita que ten ás categorías premini e minibasket como referente.

Neste evento amigable, e co obxectivo de promocionar a práctica do Baloncesto no Concello de Teo, participarán o anfitrión, CD Galogrín; Marín Peixe Galego, EDM Estrada e Salceda de Caselas.

Un total de 100 participantes farán desta data un día de convivencia e festa do baloncesto, que terá como epicentro o Pavillón Municipal dos Tilos.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram