I Torneo de Baloncesto “Concello de A Fonsagrada”

Concello de A Fonsagrada e Asociación Xuvenil Sagrado Corazón celebran este venres e sábado, 31 de maio e 1 de xuño; o I Torneo de Baloncesto “Concello de A Fonsagrada”.

Co obxectivo de congregar a equipos galegos e do Noroeste de España, ambas as entidades reunirán na indicada localidade lucense, durante estas dúas xornadas, a diferentes equipos de categoría infantil, cadete e júnior, todas elas masculinas, para competir repartidos entre o Polideportivo Municipal e o Polideportivo do IES Fonte Albei.

Cun calendario de encontros programado ao detalle para preto de 150 participantes, neste “I Torneo Concello de A Fonsagrada” non faltará tampouco o tempo reservado para o ocio, contando para isto coas instalacións da pista deportiva do CEIP Santa María.

O Baloncesto, a convivencia e a diversión camiñarán pois da man nesta cita, na que cada equipo participante recibirá, a maiores, un trofeo acreditativo da súa presenza no Concello de A Fonsagrada, sede que xa ten en mente poder repetir esta convocatoria con éxito en vindeiras edicións

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram