“I Torneo Baloncesto – Encesta nas Letras: 3×3”

A Delegación en Vigo ampliará a súa marxe de traballo nesta fin de semana e, ademais, do Centro de Tecnificación programado para este domingo, 20 de maio; estará presente no “I Torneo 3×3 Encesta nas Letras”.

Esta cita, organizada polo Concello de Tomiño, contará coa colaboración da DVB, personificada, neste caso, polo seu director executivo e técnico, José Luis Pérez. O responsable zonal apoiará, coa súa presenza, este proxecto da corporación local.

Nesta mesma tarde de Sábado, a partir das 16.00 h reuniranse no Pavillón de Goián, numerosos equipos de carácter masculino, feminino ou mixto, que gozarán do Baloncesto en “formato 3×3” .

Unha vez máis, os concellos da zona de influenza de Vigo dan mostras do seu compromiso co Baloncesto, activando iniciativas que promoven a práctica do mesmo e que, de seguro, fan as delicias de todos os afeccionados.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram