Dentro da súa programación de actividades da presente temporada, a área deportiva do Club Porta XI C.B. atópase a piques de dar comezo a unha serie de clinics que levarán o nome de “Monográficos de Basquet: aprendendo con…”. A primeira edición dos mesmos contará coa especial presenza do experimentado técnico catalán Ricard Casas; e celebrarase o vindeiro sábado 6 de Decembro no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo, contando coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto.
A actividade, que terá un custo de 25 euros (máis outros 20 € do xantar de traballo que se organizará), está aberta a un número máximo de 25 prazas e contará co seguinte programa:
CHARLA 1: E-N-T-R-E-N-A-D-O-R con maiúsculas!!!! (10:00 h a 11:30 h)
CHARLA 2: Capacidade técnica con balón (12:45 h a 13:15 h)
COLOQUIO (13:15 h a 13:45 h)
XANTAR (14:00 h)
CHARLA 3: Construción defensiva en base ao 1×1 e liñas defensivas (16:30 h a 17:45 h)
POSTA EN COMÚN
Inscrición
O prazo de inscripción para este ”I Monográfico de Basket: Aprendendo con Ricard Casas” permanecerá aberto ata o vindeiro 3 de decembro, data límite para poder tramitar a participación mediante o ingreso da cota establecida (de 25 € só o Monográfico ou 45 € Monógrafico máis xantar) no seguinte número de conta de ES52 2080 0152 6930 4009 5612 (ABANCA. Concepto: nome do inscrito)
Como aliciente principal indicar que este Monográfico encádrase dentro do programa didáctico FGB “Aula Formativa do Adestrador”, recoñecendo ademáis con un total de 10 horas de formación continua a todos os participantes nesta cita lucense que consten como alumnos dos cursos de adestradores FGB.