Adestradores: I Clínic GDR Comarca de Lugo

Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, coa colaboración de Federación Galega de Baloncesto, promove “I Clínic GDR Comarca de Lugo”, a celebrar o 2 de abril na localidade lucense de Guntín. O Pavillón Municipal de Deportes da indica vila acollerá esta cita formativa orientada a adestradores, cuxo protagonista principal será o adestrador axudante da Selección Española Sénior Masculina, Luis Guil.

O técnico andaluz compartirá unha tarde cos adestradores galegos que dexesen participar deste “I Clínic GDR Comarca de Lugo”, catalogado como “Evento Formativo Básico FGB” baixo este programa:

(17:00 h) Ataque por conceptos en categorías de formación.

(18:30 h) Relación adestrador – xogador.

Inscrición e validación

Os interesados en tomar parte en persoa deste “I Clínic GDR Comarca de Lugo” poderán facelo completamente de balde, previa inscrición vía mail (ajsc_lugo@hotmail.com). Así mesmo, para todas aquelas personas que non poidan asistir fisicamente, retrasmitirase o evento en aberto dende a propia páxina web do GDR4.

Remarcar a posibilidade de validación formativa para todos aqueles alumnos dos cursos de Adestadores FGB, incluídos os de nivel iniciación; que xustifiquen a súa asistencia de xeito presencial a este “I Clínic”.Neste caso, pasarán a sumar no seu haber un total de 6 HORAS de formación persoal complementaria.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram