I Clínic de Baloncesto Campus Ourense

Club Universidad de Vigo-Lagoas presenta o seu “I Clinic de Baloncesto Campus Ourense”, programado para este sábado, 22 de decembro e destinado, en primeira instancia, a adestradores de categorías de formación.

Coa intención de achegar unha nova oportunidade de aprendizaxe aos técnicos da zona de Ourense, así como aos do resto de Galicia, o club da cidade das Burgas activa este evento, contando coa colaboración da Vicerreitoria do Campus de Ourense e da Federación Galega de Baloncesto.

A actividade articularase en torno a tres charlas que ocuparán a mañá e parte da tarde do xa indicado sábado, 22 de decembro. O Programa ao completo, a desenvolver no Pavillón Universitario Ourense, rexistra a seguinte folla de ruta:

(10.30 h) Carlos Maceiras. (Club Ourense Blanco Amor)
Conceptos Tácticos na Formación

(12.15 h) Cristino Menor. (Estudiantes de Lugo)
Técnica Individual. Situacións de 1c1.

(16.30 h) Enrique Fernández (Club Ourense Baloncesto)
Normas para a formación dun Ataque Libre.

Inscrición gratuíta
Todos os adestradores que desexen participar deste I Clínic poder tramitar a súa inscrición, completamente de balde, a través da Área de Adestradores da FGB. Dirixíndose neste caso ao enderezo adestradores@fegaba.com.

Esta mesma Área de Adestradores concederá horas de formación práctica a aqueles alumnos dos Cursos de Nivel I e Nivel II que acrediten a súa participación nesta cita: un total de 5 horas pola presenza na xornada completa, ou 3 horas se a participación redúcese tan só a mañá ou a tarde.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram