A Federación Galega de Baloncesto colabora co AB Xinzo no marco do seu I Clínic de Adestradores Base “Cidade de Antioquía”.
A actividade formativa, dirixida a adestradores de categorías base e marcada para celebrarse o vindeiro 1 de xullo no Pavillón de Deportes de Xinzo de Limia, trae consigo un programa completo de charlas que se estenderá dende as 09:00 h ata o mediodía. Os protagonistas do mesmo serán os técnicos Toni Carrillo e Héctor Abelaira, responsables ambos do contido didáctica do Clínic.
A temática das seas charlas, así como os detalles do proceso de inscrición; poden consultarse na información gráfica que achegamos, e nas propias redes sociais do AB Xinzo.
I Clínic de Baloncesto “Cidade de Antioquía”
Validación Horaria
A asistencia á totalidade do I Clínic de Adestradores Base “Cidade de Antioquía” poderá validarse por 8 horas de formación complementaria para os alumnos dos Cursos de Adestradores FGB.