“I Campus de Tecnificación e Perfeccionamento FGB”

Todo preparado para que en breves datas arrinque o “I Campus de Tecnificación e Perfeccionamento FGB”. Pechado o seu prazo de inscrición e reconfigurada a estrutura da actividade, que finalmente se desenvolverá de entre o 30 de xuño e o 7 de xullo para todas as franxas de idade dispostas nun inicio (nenos e nenas nados nos anos 1997, 1998, 1999, 2000, 2001 e 2002), resta agora agardar ao vindeiro sábado 30, data na que os 100 xogadores inscritos comecen a ser partícipes da experiencia formativa.

A Residencia Aceimar en Vigo será a sede perfecta para levar a cabo o completo programa de actividades que a dirección deste “I Campus de Tecnificación e Perfeccionamento FGB” detallou cuidadosamente. Nada quedará á improvisación. Traballo, competición e tempo de lecer, todo esta planificado polo miúdo.

Para consultar os pormenores e particularidades deste “I Campus”, que, lembremos, conta cun cadro de traballo de grande calidade encabezado polos Seleccionadores Galegos de categorías de formación, pode accederse ao tríptico definitivo, aloxado aquí.

Dende a Federación Galega de Baloncesto desexamos agradecer a confianza depositada por todos os pais e responsables dos nenos e nenas inscritos nesta primeira edición do Campus. Así mesmo, damos xa a benvida a todos aqueles xogadores e xogadoras que a partir do día 30 a vivirán en primeira persoa.

“I Campus de Tecnificación e Perfeccionamento FGB” – Información Completa.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram