“I Campus de Tecnificación e Perfeccionamento FGB 2012”: últimos días para a inscrición

A Federación Galega de Baloncesto lembra que mantén aberto ata este venres, 15 de xuño, o prazo de inscrición para o seu “I Campus de Tecnificación e Perfeccionamento”, a celebrar nas primeiras datas de xullo na Residencia Aceimar, sita na zona de Cabral (Vigo).
Todos os interesados en poder aproveitar estas últimas xornadas que se ofrecen para tramitar a inscrición, atoparán a continuación o formulario preciso para poder levala a cabo.

Indicar que, unha vez rematada esta primeira fase, e a partir do próximo día 15 de xuño, os inscritos definitivos deste “I Campus de Tecnificación e Perefeccionamento FGB” recibirán os datos concretos que atinxen á dinamica de traballo do propio Campus, así como resposta precisa ás dúbidas que desexen consultar coa organización.

Dúbidas, consultas e envío de inscricións: campus@fegaba.com

Formulario de Inscrición

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram