I Campus De Minibasket “Concello Da Laracha”

Esta primeira edición da actividade conta coa colaboración do Concello da Laracha e da Federación Galega de Baloncesto.

Escola Basket Xiria realizará entre os días 1 e 14 do vindeiro mes de agosto a primeira edición do seu Campus de Minibasket ‘Concello da Laracha’, unha novidosa iniciativa dirixida a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos e que se marca como obxectivo o perfeccionamento da técnica individual, a psicomotricidade e o tiro a canastra dos participantes.

Cun total de corenta e dúas prazas dispoñibles, a pretensión inicial deste I Campus de Minibasket “Concello da Laracha” é a de desenvolver xornadas de adestramentos con dous grupos diferenciados por idades. Ambas sesións –que serán dirixidas polos técnicos Basilio Pampín, Roi Vega e Sito Cabado- realizaranse en horario de mañá (de 10:00 a 11:30 e de 11:30 a 13:00 horas) nas instalacións do pavillón polideportivo Municipal da Laracha.

Toda a información do Campus, así como os detalles para tramitar a posible insciricón poden consultarse na web oficial do clube

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram