I Campus de Baloncesto Base ABO Park

O ABO pon en marcha a I edición do seu Campus ABO Park, marcado no calendario para os próximos días 26, 27, 28 e 29 de decembro (horario de mañá de 10:00 h a 13:30 h e de tarde de 16:30 h a 19:30 h) e a desenvolver na propia cidade de Ourense (Instalacións Polideportivas do Pompeo).

Orientado a nenos e nenas nados entre os anos 2001 e 2006, nel traballaranse diferentes aspectos técnicos, compaxinando esta faceta con competicións individuais e en conxunto. Talleres formativos e lúdicos (inglés, manualidades, etc), así como un marcado carácter de convivencia serán tamén protagonistas. Non faltarán tampouco agasallos para todos os participantes.

A información completa relativa a este I Campus, así como aqueles detalles que o definen polo miúdo poden consultarse nos documentos que se achegan.

I Campus de Baloncesto ABO Park – Tríptico 1
I Campus de Baloncesto ABO Park – Tríptico 2

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram