“I Campus Basket Cabana de Bergantiños 2014”

Chega a I edición do Campus de Baloncesto en Cabana de Bergantiños, novidosa iniciativa marcada para este verán e con sede nesta localidade coruñesa.

Esta vila galega acollerá dende o vindeiro 26 de xuño, e ata o 3 de xullo, unha completa combinación de actividades orientadas a nenos e nenas entre os 6 e 16 anos, ambos inclusive; e adaptadas para cada marxe de idade con obxectivos que irán dende a propia práctica deportiva do Baloncesto ata actividades diversas e tempo libre.

Esta primeira edición do “Campus Basket Cabana de Bergantiños” traballará diferentes aspectos técnicos acordes á idade de cada participante, compaxinando esta faceta con competicións individuais (1×1, 3×3, two ball, etc) e en equipo.

O Programa ao completo realizarase Pavillón do propio Concello de Cabana de Bergantiños, nunhas instalacións en óptimas condicións. Ao temón estarán un amplo equipo de titulados, dende monitores de tempo libre ata adestradores de baloncesto con experiencia.

Inscrición
O prazo de inscrición para este “I Campus de Baloncesto en Cabana de Bergantiños” permanece aberto, e así o fará ata o próximo 20 de xuño. Para consultar as súas novidades, así como realizar as consultas precisas, o contacto pode establecerse a través das seguinte vías:

BLOG: ameventoscoruna.blogspot.com.es
TWITTER: @AMEventoscoruna
FACEBOOK: ameventoscoruna
GMAIL: organizadoreventosam@gmail.com

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram