I Campus Amesbasquet

AD Basquet AmesInstituto Rosalía de Castro e Concello de Ames promoven neste remate de temporada a primeira edición do seu Campus “Amesbasquet”

Orientado á participación de nenos e nenas nados entre os anos 2000 e 2009, ambos inclusive; a estrea do Campus Amesbasquet celebrarase entre o 27 de xuño e o 2 de xullo, nos pavillóns e piscinas de dúas sedes diferenciadas: as zonas de Milladoiro e Bertamiráns.

En ambos os escenarios o programa da campus ofrecerá, ademais da propia practica do baloncesto e do compoñente competitivo, un grupo de actividades de tempo libre que inclúen diversos xogos, piscina e mesmo excursións. 

Información e inscrición
Todos os interesados en informase ou tramitar a inscrición neste I Campus Amesbasquet poden facelo a través das webs oficiais dos organizadores www.rosaliafedesa.com e basquetames.blogspot.com

Máis información

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram