“Hoxe xogamos todos!”, partido solidario a favor de Down Compostela

A empresa ELECTRODOMÉSTICOS CENOR reúne no seu 25 aniversario a Obradoiro CAB, SD Compostela e Santiago Futsal. Esta cita especial, que leva por nome “Hoxe xogamos todos!”, terá lugar o vindeiro 22 de marzo nun partido amigable moi particular cuxa recadación destinarase integramente a favor da Fundación Down Compostela. 

Os tres clubs misturaranse entre si para competir en común e xogar ao baloncesto e ao fútbol sala en catro equipos xa creados. O primeiro, adestrado por Moncho Fernández e composto por Fran Cárdenas, Artem Pustovyi, Rosco Allen, Catela, Hugo Sánchez, Víctor López, Cabrejo, Tomás, Ube e Bellido. O segundo por Juan Castro Lombos, Nacho Llovet, Deividas Dulkys, Pablo Tallón, Chino, Isma, Lucas, Saro, Samuel e Nogueira, tendo a Santi Valladares como adestrador.

No terceiro equipo estarán Santi Yusta, Shayne Whittington, Mickey McConnell, Santi Valladares, Armando, Mel, Lorenzo, Uña, Diego Rei, Santi, e Iago Iglesias como adestrador. O último, composto por Pepe Pozas, Adam Pechacek, Eimantas Bendzius, os irmáns Antonio e Álex Diz, Chema Mella, Taboada, Make, David Rei e Mon, con Javier González como adestrador. Xogaranse dúas semifinais consistentes en 10´Fútbol e 10´Basket e, tras o respectivo descanso, chegará a gran final entre os dous equipos “clasificados”.

As entradas para este evento, deportivo e solidario, poden mercarse a un prezo de 5€ nas oficinas de Down Compostela e no Mercado de Abastos de Santiago, Tiro Libre Scq, REI ZENTOLO e Multiusos Fontes do Sar – C.D. Santa Isabel.

A posibilidade de colaborar coa FILA 0 tamén está aberta coa seguinte referencia: ES88 2080 5355 6530 4004 1523 (ABANCA)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram