Guillermo Ríos, novo árbitro ACB

Inmellorable nova para todo o Baloncesto Galego!. O colexiado ourensán Guillermo Ríos (1993)  é novo árbitro ACB. 

A Liga Endesa comunicou na tarde do martes o seu ascenso a esta categoría, na que agora serán tres os colexiados da nosa Comunidade: Carlos Cortés, Miguel Ángel Pérez (DT do noso Comité Galego de Árbitros) e o propio Guillermo. 

Ríos, que cumpriu na recente 2022-2023 un total 8 temporadas como colexiado FEB do Grupo 1, recibe con este salto de categoría o premio ao seu traballo e a un crecemento deportivo e persoal como árbitro, tanto na pista como fóra dela.

Dende a Federación Galega de Baloncesto queremos enviar a Guillermo os nosos máximos Parabéns, que representan a ledicia do noso Comité Galego de Árbitros e de todo Baloncesto Galego ante un novo recoñecemento do potencial da nosa arbitraxe e do noso deporte!

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram