Gran acollida en Sarria para a “Aula Formativa do Adestrador”

(info: C.B. Sarria) A Federación Galega de Baloncesto, en colaboración co Club Baloncesto Sarria e o Concello de Sarria, organizaron este domingo, 24 de abril; unha nova sesión formativa da “Aula do Adestrador Galego”. 

A xornada contou coa participación de 25 adestradores, 9 do propio clube local, e o resto chegados de diversos lugares da Comunidade. Para impartir docencia dous técnicos de postín. Dunha banda “o segundo” do Río Natura Monbus Obradoiro, Gonzalo Rodríguez Palmeiro, que disertou sobre “Respostas técnicas a problemas tácticos defensivos”. E doutra, o lucense Pepe Vázquez, que vén de adestrar en Dinamarca ao equipo feminino Horsholmm79ers, que abordou o “Ataque con estrutura de espazos e un referente interior”

IMG-20160424-WA0000

Xogadores dos equipos Recambios Fraín CB Sarria e Cafetería Polo CB Sarria, pertenecentes ás categorías Junior e Senior Provincial respectivamente, serviron de “sparrings” nesta aula didáctica.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram