– O técnico axudante do Blusens Monbus será o protagonista desta segunda charla, a celebrar na localidade de Laracha, e para a cal xa está aberto o prazo de inscrición.
Gonzalo Rodríguez Palmeiro, adestrador axudante do Blusens Monbus, será o encargado de impartir o segundo curso de formación dentro do ciclo “Aula Formativa do Adestrador Galego”, actividade que se celebrará o vindeiro domingo, 25 de novembro, ás 18.00 horas, no Pavillón Municipal de Laracha.
Coa “Técnica Individual: detalles de ataque e defensa” como centro temático, o técnico do equipo da capital galega será o segundo relator destes cursos de formación organizados polo Obradoiro C.A.B. en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto.
A sesión impartirase o vindeiro domingo, 25 de novembro, ás 18.00 h, no salón de actos do Pavillón Municipal da Laracha, situado na estrada cemiterio novo s/n. O acceso á mesma é libre e unicamente será necesario comunicar a asistencia enviando un correo electrónico á dirección adestradores@fegaba.com indicando no asunto o nome do curso seguido do nome do asistente e email.
Remarcar que a presenza nesta actividade poderá validarse por tres horas de formación práctica para todos aqueles alumnos dous Cursos de Adestradores de Nivel I e II.
Agradecer ao Concello de Laracha a súa inestimable colaboración nestas xornadas formativas.